Como cada luns lectivo onte volvimos ó CPI Dr. López Suaréz no Concello de Friol, co proxecto no que nos apoian as nosas empresas benefactoras Río de Galicia e Pazo de Vilane.
Xa é máis que evidente que os rapaces e rapazas que acoden ós adestramentos amosan un grande interese polas actividades que lles plantexamos e gozan de cada sesión enormemente.
O que para moitos deles era un deporte descoñecido (alomenos no que se refire a practicalo) estase a converter nun divertido pasatempo que ogallá algún día se convirta en paixón.