Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Plurilingüe Monterroso

O pasado xoves Salva Arco, acompañado pola directora do CEIP Monterroso Miriam Paz Aira e por vari@s mestres/as do Centro, compartiron unha nova xornada de baloncesto e concienciación medioambiental e de reciclaxe.

Os destinatarios nesta ocasión foron alumn@s de 2º de primaria, que a pesares da súa curta idade, amosáronse moi interesados e implicados en todas e cada unha das explicacións que lles ofreceu o Director da Fundación sobre en qué consiste o proxecto “Ningún Aro Sen Rede”.

Coma sempre, e para rematar a visita non faltaron os concursos, e houbo agasallos da Fundación para tódolos gañadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *