O Director da Fundación Breogán, Salva Arco e Erik Quintela e Jonathan Kasibabu en representación do C.B. Breogán, compartiron onte á noite parte do ensaio da Escola Banda de Música de Antas de Ulla.
A visita está encadrada dentro do proxecto “Experiencia Breogán”, que nesta ocasión ven da man da nosa empresa benefactora Pazo de Vilane.
Tivemos o privilexio de coñecer mellor esta agrupación senlleira da man de Eduardo Salgado, o músico de maior idade.
Moitas grazas polo agasallo das camisetas e o libro sobre os 125 anos de historia da banda asinado por tódolos compoñentes.
Mañá serán eles, músicos/as e directiva, quen nos devolvan a visita para gozar xuntos do partido do C.B. Breogán fronte a Valencia Basket.