O Director da Fundación Breogán, Salva Arco e a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira, como representantes de dous dos tres pilares deste proxecto, xunto con Ecoballution, visitaron onte o CEIP Otero Pedrayo de Rábade.
Un novo centro de ensinanza lucense que se suma ó proxecto “Ningún Aro Sen Rede”, baseado na concienciación da importancia da reciclaxe nos máis novos.
Logo de facer entrega das 6 Econets e do contedor de reciclaxe, Salva Arco e Ana Traseira explicaron ós/ás alumn@s de 5º e 6º de primaria en qué consiste o proxecto e ó remate houbo tempo para asinar autógrafos e entrega de agasallos da Uned Lugo.
Tamén, e como parte imprescindible para saber se as redes son aptas para a práctica deportiva, propuxémoslles ós rapaces unha serie de “competicións”, nas que os gañadores recibiron como agasallo a camiseta da Fundación Breogán.