Chega o gran día! Este venres disputaranse os cuartos de final, semifinais e final da nosa IV Edición da Liga Senior 3X3. A emoción está garantida!
🎯 Tamén gozaremos das semifinais e final do concurso de triplas, e do sempre espectacular concurso de twoball.
🥓 E para rematar… unha nova oportunidade de levar para casa un xamón de Torre de Núñez! Como? Pois intentando anotar o noso xa mítico Súper Tiro. Aberto á participación do público!
📍 Non faltes! A festa do baloncesto está servida


