Pechamos tempada no Proxecto Grazas A-Vós e facémolo cun sorriso enorme e o corazón cheo. Marchamos de vacacións de verán, pero xa estamos desexando volver e ver de novo a todas e todos vos!
Durante estes meses compartimos movemento, risas, lembranzas, aprendizaxes… nas residencias públicas da Xunta de Galicia en Lugo, As Gándaras e A Milagrosa. Un camiño que non sería posible sen o apoio da Xunta de Galicia, nin sen o compromiso e agarimo do equipo da Fundación Breogán.



Grazas a Nerea Vieites e Álex Martín pola parte física, a María Piñeiro e Marta polo traballo cognitivo, sempre guiados polo noso director Luis Abel Taboada. Pero, sobre todo, grazas a todas as persoas que participastes con ilusión en cada sesión. Sodes a alma deste proxecto.




Agora toca descansar… pero voltaremos con máis forza!
Grazas A-Vós, sempre.