Dobre actividade no marco do convenio de colaboración da FCDSL e a Fundación Breogán, co que se pretende o fomento e a promoción da saúde bucodental.
A doutora María Núñez, Presidenta da Fundación Clínica Solidaria de Lugo, impartíu a primeira das charlas na Residencia Domus Vi, no Concello de Outeiro de Rei. Contamos ca presenza do Sr. Alcalde, D. José Pardo Lombao, da Xefa Terrirorial de Sanidade da Xunta de Galicia en Lugo, Dona Begoña Seco e do director do centro residencial.
Complementando a esta charla, usuarios e traballadores do Domus Vi tiveron a oportunidade de asistir a unha interesante lección sobre o correcto e máis efectivo modo de lavar as mans, a cargo de Ana Abades.



A segunda actividade e como xa ocorrera hai unhas semanas na residencia de As Gándaras, tivo lugar na residencia da Xunta de Galicia de A Milagrosa, na cal os usuarios/as cos que realizamos o Proxecto A-vós cada semana, aisitiron con moito interés á charla da doutora María Núñez.


