Onte os rapaces e rapazas do Proxecto Forte tiveron a oportunidade de realizar un achegamento á calistenia, a cuarta das disciplinas deportivas que conforman esta actividade organizada e financiada pola Concellería de Deportes e Xuventude do Concello de Lugo e o Programa +Xti.
O encargado de impartir o adestramento foi NACHO VARELA (@nachogst) graduado en CAFD, cun máster en rendemento físico e deportivo e un verdadeiro apaixoado da calistenia.



A sesión de adestramento resultou moi estimulante e útil para tod@s, xa que este é un deporte que non require utensilios específicos para a súa práctica, tan só se necesita o propio corpo para practicalo.
Moitas grazas Nacho!