María Núñez, Presidenta da Fundación Clínica Solidaria de Lugo e Carlos Mourelle, vocal da Fundación, impartiron onte na Residencia da Xunta de Galicia das Gándaras a charla “Saúde oral na terceira idade”.
A actividade está encadrada no convenio de colaboración que a FCDSL e a Fundación Breogán asinaron o mes pasado, co que se pretende o fomento e a promoción da saúde bucodental.
Estiveron presentes medio cento de usuarios da residencia, así como Águeda Valín, Directora da residencia das Gándaras e Salva Arco en representación da Fundación Breogán.