Salva Arco, que ata o de agora era Director da Fundación, pasará a levar a dirección xeral do C.B. Breogán a vindeira temporada.
Así o anunciou esta mañá a Presidenta do Club, Carmen Lence nunha rolda de prensa na que tamén estivo presente Tito Díaz, o actual Director Xeral.
Salva permanecerá vinculado á Fundación Breogán e será Luis Abel Taboada quen ocupe o posto de Director da Fundación Breogán.