Novas

“Grazas A-VÓS”, primeira semana de actividades

Rematamos a primeira semana deste fermoso proxecto que realiza a Fundación Breogán coa colaboración da Xunta de Galicia, nas residencias públicas de maiores A Milagrosa e As Gándaras, na capital lucense.

O luns comezamos coa presentación dos integrantes do equipo da Fundación que visitaremos dúas veces por semana cada unha das residencias, nas que se realizarán actividades enfocadas ao mantemento e mellora da saúde física e mental dos participantes.

Chisco, o noso adestrador de baloncesto, e Álex, o noso preparador físico, (axudados polo Director da Fundación, Salva Arco, Adrián Gómez e o psicólogo Luis Abel Taboada) realizaron unha avaliación previa do estado físico dos nosos participantes nas clases deportivas. E vaia sorpresa! Están cheos de enerxía e motivación, preparados para calquera desafío que se lles presente!

Non podemos deixar de mencionar a visita de Francisco Javier Vázquez, Xefe Territorial de Política Social da Xunta de Galicia. Grazas por acompañarnos e apoiar o noso labor!

Hoxe foi o día que adicamos a potenciar as habilidades cognitivas e mentais dos participantes. Da man de Ana Traseira, Directora da UNED Lugo, e grazas ao acordo de colaboración coa Fundación Breogán, coñecimos a Sara e Marta, estudantes de Psicoloxía que realizarán as súa prácticas con nós e traballarán con Luis Abel Taboada, psicólogo da Fundación Breogán e responsable deste taller.

Os participantes mergulláronse en actividades de estimulación cognitiva con tal voracidade que case terminan o caderno nun día. Ben por eles e elas!

Tamén queremos manifestar o apoio e a colaboración de Águeda Valín, directora da residencia de As Gándaras, e María José Cortiñas, directora da residencia da Milagrosa. Grazas por abrirnos as portas e por traballar xunto a nós polo benestar dos maiores!