O base do C.B. Breogán visitou esta mañá a Residencia Das Gándaras.
Un día moi especial na Residencia Das Gándaras! Esta mañá, Sergi García, xogador do CB Breogán, acompañounos no proxecto ‘Grazas Avós’.
Salva Arco, Director da Fundación Breogán, foi o encargado de realizar a informal entrevista, na que os asistentes coñeceron un pouco mellor a Sergi, unha inicativa que xerou moito interese e unha gran afluencia de público que non deixou de facer preguntas.
Contamos coa presenza de Francisco Javier Vázquez, Xefe Territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Javier Arias, Xefe Territorial de Mobilidade da Xunta e Águeda Valín, directora da residencia.
As visitas de xogadores do Breogán serán unha constante ao longo do proxecto, xa que consideramos que se realiza un intercambio de vivencias moi enriquecedor para todas as partes.
Ao termo, obsequiouse ao Centro cun balón asinado polo persoal do C.B. Breogán e un afortunado foi o gañador do sorteo da bufanda asinada por Sergi García, con quen a dirección da residencia tivo a deferencia de ofrecerlle deixar a súa firma no libro de honra do Centro.