Novas

III Xornadas de Tecnificación – Técnicos Convidados

Este luns comezan as III Xornadas de Tecnificación, organizadas pola Fundación Breogán e o C.B. Breogán.

Ademáis das visitas de xogadores e técnicos do C.B.Breogán, que compartirán sesións de adestramentos cos rapaces e rapazas, contaremos coa presenza de 3 adestradores convidados:

  • Jorge Arede: coordinador da preparación física do Basket Club Vila Real desde 2016. Está Doctorado en Ciencias do Deporte pola Universidade Trás-os-Montes e Alto Douro (Portugal). Investigador do CIDESD – Centro de Investigação em Desporto, Saúde e Desenvolvimento Humano e adestrador de baloncesto de nivel II.
  • Iago Castro: lucense e breoganista, ten 29 anos e conta cunha ampla traxectoria a pesar da súa xuventude: técnico axudante no Río Breogán, adestrador en Estudiantes de Lugo, ADBA en LF2, segundo adestrador en Cáceres Basket (LEB) e primeiro adestrador do equipo de EBA, actualmente adestra ao Celta Baloncesto de primeira nacional.
  • Sergio González: director deportivo do Club Baloncesto Seis do Nadal, club ao que leva vinculado toda a súa vida, participa ademáis activamente impartindo cursos para adestradores da Fegaba, sendo adestrador da selección galega Cadete masculina. É autor do libro infantil “Una vida de baloncesto”, no que Sergio, a través das letras do abecedario, representa as súas vivencias e o que significa para el o baloncesto.