Novas

I Basket na rúa

Novo proxecto deportivo e social da Fundación Breogán que pretende poñer en valor alternativas de ocio saudables potenciando o baloncesto na rúa entre os nenos de 10 a 18 anos.

Organizado e financiado polo @concellolugo, a través de @xuventude_lugo e o seu programa +XTI levaremos a 3 barrios de Lugo o deporte e os estilos de vida saudable como accións preventivas contra a drogodependencia.

Da man da @fundacionbreogan e o @cbbreogan gozaremos de 3 horas lúdicas con adestradores de baloncesto, monitores de ocio e tempo libre, agasallos para todolos participantes, concursos, xogos e moitas sorpresas máis.

🗓 SÁBADOS de abril, maio e xuño de 10.30h a 13.30h
Inscrición o día do evento.

📌 Milagrosa (Praza da Milagrosa):
9, 16, 23 e 30 de abril
📌 Fingoi (pista deportiva fronte ao CEIP Illa Verde):
7, 14, 21 e 28 de maio
📌 Sagrado Corazón (pista do Sagrado Corazón):
4, 11, 18 e 24 de xuño

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *