O I Torneo de Baloncesto 3X3 +XTI, organizado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventudedeporteslugo, incluido no programa +XTi e levado a cabo pola Fundación Breogán disputado onte sábado, resultou un éxito total.
A fermosa e soleada tarde de verán, máis que propicia para realizar actividade física ao aire libre sumada ao entusiasmo dos 15 equipos participantes divididos en 3 categorías, conformaron a combinación perfecta para pasar unha divertida tarde na Praza do Ferrol.
Desde primeira hora da tarde arrancou a competición da fase de grupos, na que se celebraron un total de 30 encontros, dirixidos por colexiados e oficiais de mesa da FEGABA. Antes de chegar o momento das semifinais e finais das tres categorías (Cadete/Júnior Masculina, Senior Masculina e Cadete/Júnior/Senior Feminina) disputouse unha competición por parellas mixta, a “Árbore da vida”.
Os gañadores das competicións foron:
- CADETE / JÚNIOR MASCULINO: 1º posto LOS MAGANES; 2º posto LOS CANCILLERES.
- SENIOR MASCULINO: 1º posto LA BANDA DEL SIGLO; 2º posto DESCOLGADOS DEL ARO.
- CADETE / JÚNIOR / SENIOR FEMININO: 1º posto LA BACHATA; 2º posto 3+1.
- COMPETICIÓN ÁRBORE DA VIDA: 1º posto MAX POBRES; 2º posto PERDIZ TEAM.
No acto de entrega de medallas e trofeos contamos coa presenza do Concelleiro de Xuventude e Deportes, D. Jorge Bustos; Miguel Muñoz, capitán do Lugo Sala e Javier, incondicional siareiro do C.B. Breogán e das actividades da Fundación Breogán.
Moitas grazas a todas e todos!