Outro proxecto da Fundación Breogán que non para de darnos satisfacción, Ningún Aro Sen Rede.
Levamos recollidos máis de 150 Kg. de material de escritura dos contedores de reciclaxe que viaxaron este curso polos centros educativos de Lugo.
Cando recibamos o material de tódolos centros comunicaremos os gañadores definitivos.
Moitas grazas a tod@s pola gran conciencia medioambiental que estades a amosar e aos nosos partners neste proxecto a UNED LUGO e ECOBALLUTION.