Novas

II Edición “Luz ó Deporte 2023” – Veljko Mrsic

Mañá martes, a partir das 12:30 horas, o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, acollerá a derradeira charla do ciclo de conferencias “LUZ Ó DEPORTE 2023”.

Este proxecto que organiza a Fundación Breogán co apoio de @somosabanca e da @xuntagalicia, permitiranos coñecer mellor a figura do ex xogador e actual adestrador do C.B. Breogán VELJKO MRSIC.

O acto estará conducido novamente pola presentadora e xornalista @marianietodiaz e será aberto ao público en xeral.