Novas

II Liga Senior 3X3 Fundación Breogán – Campións Finais

Estos son os conxuntos e os xogadores, que de xeito colectivo ou individual, acadaron as primeiras posicións nas diferentes competicións e recoñecementos que incluía este ano a Liga Senior 3X3 da Fundación Breogán.

Eles son os campións, os gañadores somos todos e todas os amantes do deporte e máis concretamente do baloncesto, por permitirnos gozar un ano máis, desta fantástica competición.

  • CONCURSO DE TRIPLAS: Campión ALBERTO CORBACHO, do equipo Clínica García Rielo, que se impuxo na final cun tanteo de 14 a 11 ptos. ao campión da 1ª Edición, MARIO DE LA VEGA.
CAMPIÓN CONCURSO DE TRIPLAS – ALBERTO CORBACHO
CAMPIÓN CONCURSO DE TRIPLAS – ALBERTO CORBACHO

  • CIRCUITO DE HABILIDADES: Campión CLÍNICA GARCÍA RIELO, o equipo que presentou a esta competición unha das empresas benefactoras da Fundación Breogán.
CONCURSO HABILIDADES – CLÍNICA GARCÍA RIELO
CONCURSO HABILIDADES – CLÍNICA GARCÍA RIELO

  • XOGADOR FUNDACIÓN BREOGÁN: O merecedor deste recoñecemento, que premia ao xogador que mellor representa os valores da Fundación, recaeu este ano en MARCOS BESADA, do conxunto Enfoca Legends, polo seu compañeirismo, xogo limpo e deportividade.
XOGADOR FUNDACIÓN – MARCOS BESADA

  • M.V.P.: O xogador máis valioso ou destacado foi DANIEL EIRIZ, do que nos gustaría dicir que ademáis de brillar dentro das pistas, tamén o fai fora delas, xa que é un colaborador moi activo coa Fundación Breogán, sendo voluntario do proxecto Persoas. A dinastía baloncestística dos Eiriz continuará por moitos anos, como comprobamos no Torneo 3X3 na Rúa no que participaron dous dos seus fillos.
MVP – DANIEL EIRIZ
MVP – DANIEL EIRIZ

  • CAMPIÓNS DE LIGA: O equipo Campión da II Liga Senior 3X3 Fundación Breogán foi DIVINA TERCERA JOVENTUT, derrotando na final por 6 – 3, aos campións do ano pasado, PISTA FLOJA. O equipo está formado por: DANIEL EIRIZ, JAVIER CORTIÑAS, JAVIER MUÑOZ, JOSÉ GARCÍA, PABLO PEREIRO e JOHN MORRIS ÁLVAREZ.
CAMPIÓN DA II LIGA SENIOR 3X3 FUNDACIÓN BREOGÁN – DIVINA TERCERA JOVENTUT
CAMPIÓN DA II LIGA SENIOR 3X3 FUNDACIÓN BREOGÁN – DIVINA TERCERA JOVENTUT

Este proxecto da Fundación Breogán, volve a ser un éxito grazas ao convenio coa Excma. Deputación de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *