Novas

II Liga Senior 3X3 Fundación Breogán – Presentación

Presentación oficial da II Edición da Liga Senior 3X3 da Fundación Breogán, na que estiveron presentes o Deputado de Deportes da @vicedepulugo, D. Efrén Castro, o Director da Fundación Breogán, Salva Arco e Alberto Ares e Álvaro Aldariz, xogadores do equipo “Pista Floja”, vixentes campións desta competición.

Volvemos traer á cidade de Lugo a competición de moda do baloncesto 3X3.

Os primeiros encontros da liga terán lugar o vindeiro 19 de maio e as inscricións xa se atopan abertas en: https://forms.gle/JcmF3ttM4jjgz98g8

Recordade que o número de equipos está limitado a 12 e que o prazo de inscrición remata o 1 de maio.

Tedes toda a información en: www.fundacionbreogan.org/ii-liga-senior-3×3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *