Novas

Máis Que Basket No Rural – Castro de Rei

Seguimos anunciando novos concellos que se suman ao MÁIS QUE BASKET NO RURAL neste 2023, o CONCELLO DE CASTRO DE REI.

O municipio da Terra Chá lucense, acollerá no mes de setembro esta nova edición do proxecto patrocinado polas nosas empresas benefactoras LECHE RÍO e  PAZO DE VILANE.

Tan só queda unha praza dispoñíbel para este ano. Os responsables municipais que desexen que o seu Concello participe nesta actividade revitalizadora do rural e dos hábitos de vida saudables, ainda están a tempo de facelo en:

info@fundacionbreogan.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *