Estes foron os equipos e @s xogadores/as campións desta III Edición da Liga Senior 3X3 que rematou onte:
- EQUIPO CAMPIÓN: DIVINA CUARTA JOVENTUT, que revalida o seu título acadado na pasada edición de 2023.
- EQUIPO SUBCAMPIÓN: PISTA FLOJA, o conxunto gañador da primeira edición competíu ata o último momento nunha apaixoante final.
- CAMPIÓN TWOBALL: CLÍNICA GARCÍA RIELO, que amosaron unha enorme compenetración e calidade de tiro.
- CAMPIÓN CONCURSO DE TRIPLAS: ALBERTO ARES, do Pista Floja que a pesares do vento realizou unha excelente fase final.
- XOGADORA FUNDACIÓN: PATRICIA MUÑOZ, do Seijo Team levou o trofeo en recoñecemento aos seus valores, comportamento e por simbolizar todo o que representa a Fundación Breogán.
- M.V.P.: JOHN MANUEL MORIS, do Divina Cuarta Joventut, por ter demostrado a súa calidade como xogador ao longo de tódolos encontros disputados desta liga.
- GAÑADOR SÚPER TIRO TORRE DE NÚÑEZ: RAFAEL RAMOS, do 7´1 PIES 323 LIBRAS, por acadar anotar unha canastra desde o centro da pista.
A entrega de trofeos (a maiores do gran MÁXIMUS), correu a cargo de JAVIER ARIAS FOUZ, Delegado Territorial da Xunta de Galicia; MANUEL GARCÍA RIELO, Xerente da empresa benefactora da Fundación Breogán Clínica García Rielo; SALVA ARCO, Director Xeral do C.B. Breogán e LUIS ABEL TABOADA, Director da Fundación Breogán.
Ademáis contamos ca presenza de dúas guerreiras celtas recén chegadas de Britania, da tribu dos Icenos en representación da Asociación Lucus Icenas Miliatore, e que forman parte da familia do ARDE LUCUS, que a partir do vindeiro día 13 volverá a apoderarse de cada recuncho de Lugo.
Noraboa a tod@s e moitas grazas a tódolos participantes, porque grazas a eles e elas a Liga Senior 3X3 volveu a ser un éxito en tódolos aspectos.