Novas

Ilusión celeste no HULA

Esta mañá vivimos unha visita moi especial á Aula Pediátrica do HULA, dentro da semana que a Fundación Breogán está a dedicar a este espazo tan importante, e no marco da 3ª Experiencia Breogán 2025, grazas á colaboración da nosa empresa benefactora Clínica García Rielo 💙

Acompañáronnos os xogadores do CB Breogán, Dragan Apić e Dewayne Russell, xunto con dúas lendas breoganistas, Paco Basanta e Antonio Seral, cuxa presenza marca a primeira participación dentro do novo proxecto da Fundación, Memoria Celeste.

Queremos agradecer de corazón ao persoal sanitario do HULA polo trato recibido e felicitalos polo enorme labor que realizan cada día no Aula Pediátrica, enchendo de humanidade, alegría e esperanza o hospital 💫