𝗜𝗡𝗧𝗘𝗚𝗥𝗔 · Unha nova forma de facer equipo 💙
O baloncesto é tamén unha oportunidade para compartir, medrar e formar parte dun equipo.
Por iso nace INTEGRA, un proxecto da Fundación Breogán en colaboración coa 𝗨𝗡𝗘𝗗 𝗟𝘂𝗴𝗼, para apoiar os equipos de baloncesto 𝗦𝗽𝗲𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗢𝗹𝘆𝗺𝗽𝗶𝗰𝘀 de entidades sociais da provincia, acompañalos no seu percorrido e contribuír a que teñan máis oportunidades para practicar deporte, vivir novas experiencias e gañar visibilidade.
A iniciativa deu os seus primeiros pasos a pasada tempada cos equipos de @aspnaislugo e do Centro San Vicente de Paúl. Agora, medra e amplía a súa rede con @aspanane_viveiro, @fundacioneuson de Burela, @asociacion_prodeme Monforte e CAPD Sarria.
Seis entidades. Unha mesma ilusión: seguir facendo equipo a través do baloncesto.
