Despois de xantar… chegou o momento das charlas formativas!
Hoxe contamos con Astrid Rodríguez Veiga (@womanastrid), Educadora Social, acompañada das súas compañeiras Nekane e Raquel da Fundación Dignidade.



A súa charla foi unha reflexión fundamental sobre os “Valores no Deporte”, unha peza clave para a formación integral de calquera deportista.
🌙 Rematamos así unha primeira xornada intensa, chea de aprendizaxe dentro e fóra da pista.
Agora toca descansar e recoller forzas para todo o que vén mañá.



💙 Grazas de corazón a Astrid, Nekane e Raquel por achegar unha mirada tan valiosa e necesaria ao deporte. Foi un auténtico luxo contar con vós nesta primeira tarde das IV Xornadas.