Poñemos o broche final ao segundo día das IV Xornadas de Tecnificación cunha visita moi especial.
A xogadora catalana do Ensino Lugo, Claudia Soriano, compartiu a súa experiencia coas nosas e os nosos participantes nunha charla inspiradora.


Recén convocada pola selección nacional, falounos de traballo, compromiso e paixón polo baloncesto. Un exemplo dentro e fóra da pista
💥 E isto non para aquí! Mañá continuamos cun último día que promete ser moi especial. Preparádevos! 😉


