🎙️ Onte estivemos en @onosobasket!
O noso patrono Julio González e o director da Fundación, Luis Abel (Fus), compartiron conversa con José Luis Reboredo nunha entrevista na que abrimos de par en par as portas da Fundación Breogán.
Falouse dos proxectos da Fundación, da nosa traxectoria, do futuro e, sobre todo, da forza da masa empresarial e social que fai posible todo o que somos. 💙
Porque cremos no que facemos, pero tamén sabemos que para seguir medrando precisamos máis mans, máis apoio, máis ilusión compartida. Cada colaboración, cada empresa e cada socia ou socio benefactor/a suma e axúdanos a seguir avanzando. 🤝
🙏 Grazas ao programa O Noso Basket por abrirnos as súas portas e polo magnífico espazo de diálogo arredor do baloncesto e dos valores que o acompañan.
📺 Podedes ver o programa completo aquí 👉 https://youtu.be/T8uQkYVKHt8
(Recomendámosvos especialmente o tramo a partir do 2:08:38 😄)