Poñemos en marcha LATEXO no CEIP Anexa, coa participación do alumnado de 6º de Primaria nunha primeira actividade centrada na educación cardiovascular e na importancia de saber como actuar ante unha emerxencia.

Da man da 𝗔𝘀𝗼𝗰𝗶𝗮𝗰𝗶ó𝗻 𝗖𝗮𝗿𝗱𝗶𝗼𝗹ó𝘅𝗶𝗰𝗮 𝗟𝘂𝗰𝗲𝗻𝘀𝗲 (@asociacionacarlu), os nenos e nenas achegáronse ao coñecemento do corazón, á prevención e ás manobras básicas que poden axudar a salvar vidas.

Unha iniciativa da Fundación Breogán, desenvolvida coa colaboración do 𝗦𝗲𝗿𝘃𝗶𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝗖𝗮𝗿𝗱𝗶𝗼𝗹𝗼𝘅Í𝗮 𝗱𝗼 𝗛𝗨𝗟𝗔 (@cardiohula), para promover hábitos saudables e formar unha xeración máis consciente e preparada.