💙 LATEXO continúa o seu percorrido polos centros educativos de Lugo!

Facemos unha nova parada no CEIP As Mercedes, onde o alumnado de 6º de Primaria se converteu en protagonista dunha xornada dedicada a coñecer mellor o corazón e aprender que facer ante unha emerxencia cardíaca.

Da man de ACARLU, os nenos e nenas achegáronse á prevención cardiovascular e practicaron nocións básicas de actuación que poden chegar a salvar vidas.

Unha actividade da Fundación Breogán coa colaboración do Servizo de Cardioloxía do HULA (@cardiohula).

Seguimos sementando coñecemento e conciencia desde as aulas.

LATEXO. Cada paso conta. Cada latexo tamén. 💙