Novas

“LÍDERES ANOTADORES”, un libro con recendo Breoganista

Ovidio González, Óscar Losada, Roberto Prado e Luis Timiraos presentaron a súa obra esta mañá no Pazo dos Deportes.

É a crónica, a historia que quedará para sempre, de 4 figuras do baloncesto que no seu paso polo C.B Breogán acadaron a distinción de ser os máximos anotadores na máxima categoría nacional.

Estiveron tamén presentes o director xeral do C.B. Breogán, Tito Díaz, o director da Fundación Breogán, Salva Arco, e o deputado de deportes da Deputación de Lugo, Efrén Castro. Así coma un dos protagonistas do libro, Alfredo Pérez.

O libro está editado por Óscar Losada coa colaboración da Fundación Breogán, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o C.B Breogán.

Estará dispoñible nas librarías Trama, La Voz de La Verdad, Aguirre, Balmes, Biblos, Lectocosmos e na tenda do C.B. Breogán desde esta semana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *