No Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia e diante de máis de 400 alumn@s dos Institutos Leiras Pulpeiro, Sanxillao, Muralla Romana e Ánxel Fole, IÑAKI ZUBIZARRETA compartíu a súa experiencia co problema do bullying.
O acto contou ca presenza de Manuel Cadramón, Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia e no mesmo, Iñaki relatou polo miúdo, abertamente e con todo detalle os terribles acontecementos que tivo que sufrir na súa persoa cando era adolescente, por parte de outros alumnos e ante a incomprensión dos seus profesores.
Dende a Fundación Breogán estamos seguros de que estes rapaces e rapazas, tomaron boa nota da cada unha das palabras de Iñaki.
Xa pola tarde e no mesmo lugar, Iñaki realizou unha nova sesión, desta vez enfocada a docentes, educadores, pais e nais.
No acto estiveron presentes, entre outros, Javier Arias Fouz (Delegado Territorial da Xunta de Galicia) e Zaira Dapena (Directora Territorial de Abanca).
A intensidade do relato de hora e media foi tal, que todolos asistentes remataron especialmente conmocionados e sensibilizados ca problemática do bullying logo de escoitar a crudeza das palabras de Iñaki.
Ó remate foron moitos os que se quixeron achegar ó poñente para agradecerlle a súa sinceridade e non faltou quen quixo levar a sinatura de Iñaki no seu cómic (Subnormal, una historia de acoso escolar) ou a foto de recordo.
Agardamos por vós na seguinte parada de “Luz ó deporte”, o vindeiro mes de outubro.