Un novo ano contaremos con IBERSYS como Empresa Benefactora da Fundación Breogán.
Na súa compaña achegarémonos novamente a esas Asociacións lucenses que loitan cada día polos dereitos de colectivos desfavorecidos. Apostaremos firmemente pola igualdade, polos beneficios de levar unha vida saudable e por promocionar o deporte nos barrios lucenses.
Ibersys é unha das firmas líderes no ámbito da seguridade e saúde laboral a nivel nacional.
O seu equipo de máis de 600 profesionais traballa para promover a seguridade e a saúde integral dos traballadores, xerando confianza e ofrecendo solucións inmediatas e persoalizadas.
En IBERSYS, “A prevención crea valor”.