Novas

Máis Que Basket No Rural – Concello de Friol

O pasado venres tivo lugar a FESTA DO BALONCESTO, incluída dentro da actividade Máis Que Basket No Rural.

O CPI Dr. López Suárez, no CONCELLO DE FRIOL, acolleu esta actividade que contou ca presenza de Máximus, o súper inchable de Total Sport, Jacobo (Speaker do C.B. Breogán) e os adestradores da Fundación Breogán.
Gozando desta tarde de baloncesto, tamén estiveron o director do CPI, Felipe Barata e a Concelleira de Cultura Dona María de los Ángeles Buján.

Houbo xogos, competicións, música, agasallos, etc. onde participaron tamén os pais e nais moi activamente.

En definitiva, unha tarde de moito baloncesto ca que demos por rematado este proxecto de Máis Que Basket No Rural no Concello de FRIOL.

Tan so nos resta agradecer ao Concello de Friol e ao CPI Dr. López Suárez polo exquisito trato dispensado e como non, ás nosas empresas benefactoras RÍO DE GALICIA e PAZO DE VILANE, impulsoras deste proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *