Novas

Deporte na Rúa – Fingoi – 4 de xuño

O pasado domingo, Baloncesto, Voleibol e Fútbol Sala, foron os protagonistas no Barrio de Fingoi.

Os rapaces e rapazas que se achegaron a participar no DEPORTE NA RÚA, gozaron deste proxecto subvencionado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventude_lugo, no que a Fundación Breogán vai da man do Club Voleibol Emevé e de Lugo Sala.

Ainda nos quedan tres domingos máis antes de rematar a actividade por esta tempada.

AVISO IMPORTANTE: o domingo 11 prodúcese un cambio de deporte, trocaremos o baloncesto por fútbol sala, trasladándose a actividade de baloncesto ao domingo 18.

Agardámosvos!

Ligazón á galería do proxecto, preme aquí

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *