A penúltima parada do curso 23/24 de “Ningún Aro Sen Rede” levóunos novamente ás fermosas terras da mariña lucense.
Alí, no CEIP de Celeiro, agardaban por nos @s alumn@s de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, para vivir unha espléndida mañá chea de baloncesto e respecto polo medio ambiente.
O encargado de explicar o proxecto aos rapaces foi o Director da Fundación Breogán, Salva Arco, que logo de facelo deu paso á estrela invitada da xornada, o gran Máximus.
Coma sempre as “competicións” foron o momento máis agardado por todos. Era o momento de comprobar se a mellor mascota da ACB é tamén o mellor dende a llña de 3 puntos. Resultaron gañadores a clase de 3º, que apostaron que Máximus anotaría menos de 3/10 lanzamentos; non decimos máis. Levaron, eso si, un mini Máximus para a súa clase.
A gañadora das mestras foi María, que acadou unha bufanda do C.B. Breogán que dende onte preside a súa aula.
Adhesivos e postais do equipo asinadas polos xogadores completaron os agasallos repartidos onte no CEIP de Celeiro, aos que lles queremos dar as grazas pola agarimosa acollida que nos deron.