Novas

Nº 15 · Boletín EU SON FUNDACIÓN

📬 Desde hoxe, as nosas persoas e empresas benefactoras e colaboradoras comezan a recibir o número 15 do boletín informativo EU SON FUNDACIÓN.

Nesta nova edición correspondente ao segundo trimestre de 2026 facemos balance de tres meses intensos, nos que seguimos demostrando que o deporte pode ser unha poderosa ferramenta de transformación social.

Ao longo destas páxinas compartimos proxectos xa consolidados como Chan Común, Aros, Sen Filtros, Cris Seijo ou Ningún Aro Sen Rede, xunto a novas iniciativas que comezan a dar os seus primeiros pasos, como Miño Vivo. Ademais, repasamos actividades, colaboracións, experiencias e fitos tan especiais como o recoñecemento ao Proxecto Ícaro en Cancha Solidaria Endesa.

Porque cada trimestre deixa historias, aprendizaxes e persoas que fan medrar este proxecto colectivo que é a Fundación Breogán.

🔎 Podedes consultar todos os números anteriores en:

👉 https://fundacionbreogan.org/boletin