🌿 MIÑO VIVO
Aprender • Coñecer • Coidar
Un novo proxecto de educación ambiental impulsado pola Fundación Breogán e a UNED Lugo na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A través de actividades participativas ao aire libre, traballaremos a conexión coa natureza, a biodiversidade local e o valor do noso patrimonio ambiental xunto a asociacións e colectivos de Lugo.
🐦 Observación de aves.
🌱 Identificación de flora autóctona.
🎧 Escoita activa da natureza.
🎨 Creación dun mural colaborativo.
📅 Actividades:
12 xuño – RAIOLAS
16 xuño – DANO CEREBRAL LUGO
17 xuño – H.U.L.A.
18 xuño – ASPNAIS
19 xuño – SAN VICENTE DE PAUL
23 e 26 xuño – COGAMI
26 xuño – GRAZAS AVÓS
30 xuño – DOWN LUGO
Porque coñecer o territorio é o primeiro paso para coidalo 💧