Hoxe vivimos unha fantástica xornada no Anexo do Pazo dos Deportes, onde saúde, actividade física e aprendizaxe volveron xogar no mesmo equipo.



Da man do HULA, puidemos compartir unha mañá centrada na prevención e no benestar, combinando talleres de RCP con sesións de actividade física adaptada para usuarios do servizo de cardioloxía.
Queremos agradecer especialmente a implicación e profesionalidade dos preparadores físicos e colaboradores da Fundación Breogán que fixeron posible a parte práctica da actividade:
▪️ Manuel Uriz
▪️ Javier Dovale
▪️ Miguel Morandeira
▪️ César Vázquez
▪️ Aitor Vázquez
Grazas tamén a todas as persoas participantes pola súa enerxía e compromiso, e ao HULA polo enorme traballo de coordinación e promoción da saúde cardiovascular.


