Novas

Encontro amigable / solidario

O Director da @fundacionbreogan, @salva_arco, a Alcaldesa do @concellolugo, @laramendezlopez e o Concelleiro de Deportes e Xuventude, @maurirepetto, veñen de presentar o encontro solidario que disputarán o @cbbreogan e o @fcporto o vindeiro 8 de setembro, ás 8 do serán no Pavillón Municipal de Lugo.

Será o primeiro encontro desta pretempada en Lugo e terá un claro propósito solidario, xa que todolos beneficios que se obteñan destinaranse á doazón benéfica que realizará a Fundación Breogán ó fin de ano.

Dita doazón entregarase, por elección dos socios benefactores da Fundación, a unha das entidades coas que traballamos durante todo este 2022. Sen dúbidas, un motivo máis para gozar deste novo C.B.Breogán da forma máis solidaria.

As entradas ó partido terán un único prezo de 5€ (menores de 5 anos de balde). Poderán adquirirse a partires de mañá dende a nosa páxina web www.fundacionbreogan.com e na taquilla unha hora antes do partido (sairán á venda as entradas non adquiridas vía online e ata completar o aforo).

Ven gozar do mellor baloncesto nun escenario idílico. No vello Municipal o @cbbreogan volverá ás súas oríxes, e vaino facer xustamente o ano que volve a Europa. Coñece ós novos xogadores, a nova equipación desta temp. 22/23 e máis sorpresas que vos desvelaremos durante os próximos días.

2 thoughts on “Encontro amigable / solidario

  1. Jesus Fandiño Sanchez di:

    Gustariame comprar 4 entradas para o partido

  2. Jesus Fandiño Sanchez di:

    Gustaríame comprar entradas para o partido

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *