2.200 €, esa foi a cantidade recadada onte logo de recibir 167 doazóns con motivo do encontro solidario celebrado no Pazo dos Deportes de Lugo.
O importe destinarase integramente á doazón anual que a Fundación Breogán realiza a finais de ano. As entidades que poderán ser escollidas como beneficiarias, serán as que están a participar neste 2023 no proxecto “Experiencia Breogán”.
Os tres gañadores do sorteo dunha camiseta Adidas oficial do C.B. Breogán 23/24 foron os abonados 944, 6338 e 5543. Os encargados de entregalas foron Macarena Cuiña, como representante da empresa patrocinadora do sorteo NORCONTACT; Narciso Fernández, Presidente da FUNDACIÓN BREOGÁN e José Antonio Caneda, Presidente do C.B. BREOGÁN.
Deste marabilloso xeito, e logo de 119 longos días, o baloncesto do C.B. Breogán voltou ao santuario celeste. Ainda que non se acadou a vitoria deportiva na pista, a afección do Breo volveu a acadar a da solidariedade, amosando ao mundo que neste eido seguen a ser os mellores.
GRAZAS!