Voltamos ao Colexio @maristaslugo, dentro do proxecto impulsado pola Fundación Breogán e @danocerebrallugo.
Despois da sesión teórica, chegou o momento de tocar, lanzar e experimentar: o alumnado de 3º de Primaria puido practicar a Boccia Adaptada guiado de novo por Pablo Freire, educador social de Dano Cerebral Lugo, descubrindo un deporte inclusivo que nos lembra que todas as persoas teñen espazo e capacidade para participar. 💙💪



O noso agradecemento máis sincero ás persoas usuarias de Dano Cerebral Lugo, e a Pablo Freire por acompañarnos unha vez máis e compartir esta experiencia tan enriquecedora. Grazas tamén á dirección do centro e ás nenas e nenos de 3º de Primaria polo seu entusiasmo, respecto e implicación ao longo de toda a xornada.
Seguimos avanzando cun mesmo obxectivo: romper barreiras, fomentar a inclusión e demostrar que…
✨ Eu tamén son capaz.