A Área de Xuventude do Concello de Lugo impulsa o ocio saudable nos barrios de Lugo cunha nova iniciativa deportiva e lúdica, e a Fundación Breogán será a encargada de coordinar as actividades!
📌 Cada sábado, 8 docentes, profesores de educación física de Centros Educativos lucenses, dinamizarán xogos e competicións deportivas, garantindo unha experiencia única e divertida para a mocidade.
🎶 Baloncesto, xogos de habilidade, xincanas, circuítos, animación, música e moito máis! Ademais, haberá agasallos para as persoas participantes.
📅 Vémonos o próximo sábado 29 de marzo na Praza da Milagrosa! Non o perdas!