Novas

Proxecto Cris Seijo – En prol das mulleres

Co apoio do CEIP Anexa de Lugo e a Xunta de Galicia, lanzamos esta iniciativa da Fundación Breogán para impulsar o baloncesto feminino e o empoderamento de mulleres en Lugo.

🔹 Vertente Deportiva: Damos soporte a un equipo de mulleres maiores de 35 anos que che ofrecen a posibilidade de adestrar con elas todos os martes ás 20:00 h no CEIP Anexa Lugo. Un espazo para calquera muller con paixón polo baloncesto que queira gozar e crecer nun ambiente de compañeirismo.

🔹 Vertente Social: En colaboración con Cruz Vermella e Diaconía Lugo, ofrecemos a mulleres en situación de vulnerabilidade a oportunidade de practicar deporte e mellorar o seu benestar.

O Proxecto CRIS SEIJO é unha oportunidade para todas. Esperámoste!

Máis información: www.fundacionbreogan.org/proxectocrisseijo