Esta pasada fin de semana celebrouse no Pavillón Municipal de Esteiro a segunda edición do Torneo Cidade de Ferrol, e non podemos estar máis orgullosos!
As rapazas da vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán proclamáronse campioas invictas tras un torneo espectacular.



Parabéns a todas elas polo seu compromiso, esforzo e espírito de equipo dentro e fóra da pista. O seu traballo é un reflexo perfecto dos valores que queremos transmitir desde a Fundación.
Seguimos apostando polo deporte feminino, a inclusión e o desenvolvemento persoal a través do baloncesto. Grazas tamén á organización do torneo por facer posible esta xornada tan especial!


