Novas

Proxecto Cris Seijo – Liga veteranas 02/02/25

As rapazas do Cris Seijo seguen imparables na Liga @autocares_riasbaixas de Veteranas (FEGABA)! Esta fin de semana, no módulo anexo do Pazo dos Deportes, sumaron unha nova vitoria fronte ao C.B. Maristas A Coruña cun contundente 78-35.

Neste equipo, cada partido é moito máis ca unha competición: é un espazo para seguir vivindo o baloncesto con intensidade, superándose día a día e gozando do camiño xuntas. Porque a paixón por este deporte non ten límite de idade nin de ilusión.