Novas

Proxecto Forte – 2ª sesión de calistenia

Pechamos o Proxecto Forte coa segunda sesión de calistenia, da man de Nacho Varela.

Concluimos o achegamento a este deporte tan beneficioso, que nos permite traballar corpo e mente dunha forma moi especial e que está a experimentar un auxe a nivel mundial no número de adeptos.

Queremos agradecer aos participantes que nos acompañaron durante este mes de xuño pola súa actitude tan positiva nos adestramentos e agardamos que as ensinanzas que recibiron dos diferentes adestradores poidan incorporalas á súa vida diaria e así construir unha personalidade saudable e equilibrada, baseada nos valores no deporte.

Grazas tamén ao Concello de Lugo e á Concellería de Deportes e Xuventude pola organización e financiación deste fermoso proxecto.