A Fundación Breogán e o Proxecto de Bana, coa colaboración do C.B. Breogán, queremos dar as grazas a todos os centros educativos que se interesaron por participar nesta nova edición de Pazo Aberto. 💙
👉 As prazas xa están completas e estes son os colexios que vivirán o Pazo por dentro nesta 2ª tempada:
🏫 CPIP Dr. López Suárez — Friol
🏫 CEIP Luis Pimentel — Lugo
🏫 CPR Cervantes — Lugo
🏫 CEIP Monte Baliño — Pantón
🏫 CPI de Cervantes — Cervantes
🏫 CEIP Menéndez Pelayo — Lugo
Grazas por confiar en nós e por apostar polos valores do deporte, da educación e do sentimento breoganista.