Segunda actividade dentro da semana adicada a DOWN LUGO da man da nosa empresa benefactora CLÍNICA GARCÍA RIELO.
Unha representación do C.B. Breogán e da Fundación Breogán, formada polos xogadores Víctor Arteaga, Toni Nakić e Salva Arco, visitaron as instalacións da Asociación DOWN LUGO.
Tamén nos quixo acompañar Manuel García Rielo, de CLÍNICA GARCÍA RIELO.
Alí foron recibidos por responsables e usuarios que, da man de Fran lles ofreceron un completo tour polas instalacións.
Logo tiveron a oportunidade de asistir a unha completa presentación, na que coñeceron máis polo miúdo toda a historia e os proxectos da Asociación lucense.
Sen dúbida foi unha xornada moi instructiva e emotiva para todos. A semana rematará mañá, onde usuarios, familiares e responsables do centro asistirán, dende o palco VIP da Fundación Breogán no Pazo dos Deportes, ó encontro que disputará o C.B. Breogán fronte ó Real Betis.