Novas

Proxectos Fundación Breogán 24/25

Na Fundación Breogán levamos tres anos transformando ideas en proxectos que fan unha diferenza real na vida das persoas. Grazas ao apoio de cada un de vós, avanzamos con máis forza e compromiso ca nunca, creando un futuro máis inclusivo e cheo de oportunidades para todos.

Deporte para todos: Queremos que o deporte sexa un espazo aberto e accesible, onde todos poidan gozar e aprender valores como a superación, o esforzo e o traballo en equipo.

Impacto social: Estamos ao lado das persoas e comunidades que máis o precisan, ofrecendo apoio e construíndo xuntos un camiño cara a unha sociedade máis xusta e solidaria.

Graciñas por ser parte deste soño e seguir connosco nesta aventura!