Hoxe estivemos no Colexio Plurilingüe Franciscanos de Lugo co proxecto #NingúnAroSenRede.
Recibíronnos dous grupos de cuarto de primaria, 50 nenas e nenos cheos de entusiasmo! Acompañados polos seus profes Ángel Muñoz e Gemma Souto, xuntos vivimos unha mañá chea de aprendizaxe e diversión.
Colocamos as redes sostibles de Ecoballution nas súas canastras e entregamos o contedor de reciclaxe para continuar coidando o planeta. Ademais, tivemos a compañía de Ana Traseira (Directora de UNED Lugo) e Luis Abel Taboada (Director da Fundación Breogán), quen explicaron o corazón do noso proxecto.
Para sumar emoción, o capitán do C.B. Breogán, Erik Quintela, e o gran Máximus estiveron presentes, animando a todos nos concursos e competicións que organizamos. Houbo premios para tod@s! Lapis de xornal reciclado (UNED Lugo), bufandas do Breo e adhesivos de Minimus para cada participante.
Grazas a cada peque polo recibimento e por axudarnos a construír un mundo máis sostible e cheo de valores.