Novas

+ Que Basket No Rural

Novo adestramento do “MÁIS QUE BASKET NO RURAL” no @concellobegonte e novo invitado especial do @cbbreogan.

Jordan Sakho aproveitando o fin da tempada, asistíu e participou ó longo de todo o divertido adestramento desta tarde. Houbo tamén uns intres de preguntas “de todo tipo”, fotos de recordo e por suposto, un pequeno snack que correu a cargo de OptiPro (@riodegalicia).

O mércores ás 17:00 voltaremos con máis baloncesto ó Concello de Begonte. Se tes entre 6 e 15 anos aínda estás a tempo de achegarte a pasar un divertida tarde con esta actividade da Fundación Breogán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *